Belgrado

Martes 2 agosto

Biografía

Formados en 2010 baixo o nome de Belgrado, Pat, Renzo, Fergu e Jonathan conseguiron en tan só dous LPs converter a súa banda nunha auténtica figura de culto dentro dunha ampla escena social e musical. Paladíns do “faino ti mesmo”, a autoxestión e o punk, Belgrado xiraron varias veces por Europa e América, sempre montándose as súas propias xiras, e de acordo a unha determinada ética en torno ao exercicio da música. Máis habituais de centros sociais okupados ou de pequenos locais que de festivais ou salas de concertos, o seu post punk moi próximo ao pop alcanza amplísimas audiencias (especialmente fora das fronteiras do estado), á vez que as súas posturas os manteñen lonxe da prensa e medios xeneralistas.

 

000