CaboSanRoque

Martes 2 agosto

Biografía

CaboSanRoque manipula obxectos sobre o escenario para revelar a súa personalidade sonora e convertelos en instrumentos. Da man de Laia Torrents (teclados) e Roger Aixut (guitarra e saxo), os elementos máis estraños, xa sexa unha máquina de escribir, un peite ou unha lata de insecticida, transcenden a súa natureza anódina e puramente funcional para transformarse ante os ollos atónitos do público nunha tecnoloxía musical nova e singular. O de CaboSanRoque é un son cativador e avanzado que o colectivo activa en escena xunto a unha prodixiosa máquina artesanal, bautizada baixo o nome dun famoso trabalinguas infantil, Tres Tristos Trons (Tres Tristes Truenos). Os seus resortes, cabos hidráulicos, tensores, cavillas e pancas envolven en directo este power duo barcelonés, cuxa música, puro enxeño mecánico e experimental, poderá verse, entre outros, no prestixioso Sónar barcelonés antes de aterrar en agosto no Festival Noroeste da Coruña.
Antes do concerto, ás 19.30 horas, terá lugar a presentación do libro sobre o colectivo CabosanRoque ‘La cobla patafísica‘. No acto estarán presentes Cibrán Rico e Suso Vázquez, responsables da editorial Fabulatorio, e Laia Torrents e Roger Aixut, integrantes de CaboSanRoque. A publicación é unha coedición de Fabulatorio con Arts Santa Mònica de Barcelona, con motivo da exposición antolóxica sobre CaboSanRoque que tivo lugar neste centro. O libro, que este ano foi galardonado nos Premios ADG-FAD LAUS polo seu deseño editorial, recolle todo o traballo de CaboSanRoque entre os anos 2011 e 2015.  

 

000