Carmen Picado

Martes 2 agosto

Biografía

Con tan só 20 anos, Carmen Picado conta cunha ampla e crecente lista de composicións. Aínda que non se materializaron nun disco de debut, iso permitiulle poñer música ao documental Mil sorrisos & un perdón, tocar no Festival de Cine Internacional de Ourense, gañar o concurso Outra + Outra, de Estudos Mans, e tamén gravar o seu primeiro single: One more night -dispoñible nas principais plataformas dixitais-, conseguindo facerse un oco en medios e soar en radios como Cadena Ser, Radio Galega ou Los 40 Principales. Ademais, esta carreira incipiente levoulle a telonear a grupos como Mäbu. O mundo particular de Carmen Picado soa a combinación agridoce, con influencias do folk e do pop, letras en inglés e unha voz tan versátil que asombra polo seu talento. Bon Iver, Laura Marling, Matt Corby, Mumford & Sons ou Oasis atópanse entre os seus referentes musicais e non esconde un gusto preciosista en cada canción terminada. Xunto coa súa inseparable banda, formada por Fernando Fraga (guitarra), Samuel Pérez (batería) e Carlos Seijas (baixo), comezou a mostrar o seu directo nas salas emblemáticas da Coruña, incluíndo tamén unha escapada a Madrid para a súa presentación nacional.

 

000