Cesar de Centi

Xoves 4 agosto

Biografía

Este cancionista e autor musical coruñés leva prodigándose polos escenarios nacionais 17 años. Habitual da escena de autor, subiuse ás táboas de locais como Libertad 8 ou Galileo Galilei, en Madrid, ademais de editar dous discos e colaborar cun gran número de artistas en todo este tempo. Desde 2001, a súa voz e as súas composicións escóitanse nos álbums dos diferentes músicos cos que traballou. De Centi teloneou e compartiu escenario con grandes nomes do xénero, como Marwan, Carlos Chaouen oo Tontxu. Apostando xa por unha carreira firme en solitario, en 2008 publicou Principios y declaraciones, unha primeira toma de contacto coa que tantear e seducir ao seu futuro público. E en 2013 veu a luz o seu segundo traballo: La luz de los gigantes, onde colaboraban máis de 15 artistas. Este último traballo foi financiado grazas a unha campaña de micromecenazgo que conseguiu o seu obxectivo en tan so 14 días. Ademais, de Centi forma parte do proxecto CINCO PAREDES, xunto aos tamén cantautores Silvia Penide, Luis Moro, Félix Arias e Nando Deibe. O grupo foi presentado no Teatro Rosalía de Castro en 2014 e con el editou un disco.

 

000