Cuchillo de Fuego

Xoves 4 agosto

Biografía

Nos apenas dous anos que levan tocando xuntos, a colleita de Xose Lois (guitarra), Gayoso (baixo), Berto (batera) e Juanes (voz) está a ser inmellorable. Xurdidos das entrañas do Liceo Mutante de Pontevedra, centro social autoxestionado e fonte de cultura e arte, os seus membros acreditan en multitude de experiencias musicais (Unicornibot, Djalminha, Collares de Perlas, Serpes da Luz) e doutras artes (autoedición, ilustración). Cuchillo de Fuego arrastra dende os seus primeiros pasos una afección apaixonada e en continuo crecemento. O seu primeiro LP, Triple España, foi unanimemente aclamado pola crítica e o público. Actualmente están preparando as composicións para un novo traballo.

 

000