Diariodeverano

Martes 2 agosto

Biografía

Diariodeverano é unha aposta de pop alternativo con cancións de distintas sonoridades que navegan pola melancolía e a nostalxia até chegar a ramallazos de melodías festivas, bailables e tarareables. Diariodeverano nace en 2013 como un proxecto persoal de Iago Gordillo, un coruñés que, tras pasar anos soprando o saxo no Conservatorio Profesional da Coruña, comeza a gravación do seu primeiro EP en Drum & Roll Studios: El extraordinario hombre estacionario. Trátase dun EP de seis temas no que participan os músicos Iago Blanco e David Ferreiro e que ve a luz en xaneiro de 2015 tras unha exitosa campaña de crowdfunding. A banda actual complétana Daniel Añón e Alejandro Rapitis. En marzo de 2015 debutan na Sala Mardi Gras da Coruña ante un centenar de persoas. Ese mesmo ano, xiran por máis salas coruñesas até gañar o certame Xuventude Crea, da Xunta de Galicia, na Sala Sónar de Santiago de Compostela. En febreiro de 2016 publican dixitalmente tres novas cancións dentro do single O.L.A. e en maio lanzan o seu primeiro videoclip, Todo va a ir bien, finalista no Festival de Cans e en Primavera do cine.

 

000