Editors

Sábado 6 agosto

Biografía

Embaixadores da brillante fornada de pop británico de comezos de século, Editors non poden ocultar que son fillos putativos dos grandes grupos que marcaron á xeración post-punk: JoyDivision, The Cure, Echo &TheBunnymen… As súas melodías escuras e os seus devaneos guitarreiros converten os seus concertos en magníficos experimentos musicais que levan ao público a saborear obsesivamente cada minuto e cada canción. Formados en 2002 baixo o amparo dunha sólida amizade universitaria, os británicos conseguiron situarse no máis alto da escena independente internacional e consolidar unha traxectoria que conta xa con cinco discos de estudo editados en dez anos. A última entrega, In Dream, chegaba o ano pasado con algúns apuntes de cambio: produción máis limpa (Ocean of Night), máis sintetizadores (Life is a Fear) e temas que representaban o seu persoal renovarse ou morrer, como a singular apertura do disco (Non Harm). Tras afrontar a marcha en 2012 dun dos seus membros principais, Chris Urbanowicz, a banda liderada por Tom Smith soubo sacar proveito do seu gran estado de forma nos últimos anos. A data reservada no Festival Noroeste Estrella Galicia supoñerá o único concerto gratuíto que ofreza o grupo de Birmingham este verán no noso país.

 

000