Deibes

Mércores 3 agosto

Biografía

Fernando Deibe é un pionero da música en directo na Coruña. Na actualidade, ademais de ser integrante do grupo Deibes, que forma xunto a José Laredo e o seu irmán Javier, é membro da formación musical Cincoparedes, con Silvia Penide, Félix Arias, Luís Mouro e Cesar de Centi. Con Deibes publica Sombras de cidade, o seu primeiro traballo, a principios do 2013, e en maio de 2016 ve a luz o seu segundo disco, A cabalo do vento, no que contan coa colaboración de músicos da talla de Fernando Lamas, Tonu Leiro, Félix Arias e Juan Ferrer, clarinete da Orquesta Sinfónica de Galicia. No Noroeste Estrella Galicia ofrecerá un recital en solitario, intimista, no que expoñerá o seu folk-rock urbano, con letras descriptivas e punzantes nas que disecciona ás personaxes que as habitan, fotogramas da vida da súa cidade.

 

000