Freedonia

Sábado 6 agosto

Biografía

Freedonia é unha banda esencial na escena española de música soul e funk. Varias son as claves da súa trepidante traxectoria: nove músicos, unha voz incendiaria, unha potente sección rítmica e unha composición en equipo. O grupo naceu en 2006 e, tras varios anos de comerse os escenarios, publicou en 2012 o seus primeire álbum homónimo, autoproducido e cofinanciado a través dunha campaña de micromecenazgo. A explosiva acollida situou este traballo nas listas do mellor do ano, conseguindo ademais dous Premios Pop-Eye: Mellor Canción Nacional (Heaven Bells) e Mellor Banda de Música Negra. Completaron o debut discográfico coa participación no disco homenaxe a Fela Kuti versionando o clásico Upside Down. O seu segundo álbum chegaría en 2014: Dignity and Freedom. Nel, Freedonia optou pola gravación analóxica e unha producción artesanal, maximizando a crudeza do son. Os once temas deste disco editaronse baixo unha licencia de Creative Commons, nunha aposta da banda polo retorno social da cultura. Ademais, a súa popularidade traspasou as nosas fronteiras e Dignity and Freedom colocouse entre as mellores cancións do ano para o locutor da BBC Craig Charles. Público e crítica coinciden: Freedonia ten un dos mellores directos do país.
000