Greus

Xoves 4 agosto

Biografía

Edu Rodríguez e Iván Ruíz son dous músicos cunha longa traxectoria nisto de conducir polo deserto pola noite. Ambos acumulan máis de 15 anos tocando en grupos: Edu á batería nos madrileños Moho (unha das formacións de referencia na escea europea de stoner rock) e Iván en formacións lexendarias como Moksha ou os heroes do hardcore Xmilk. Tras pouco máis de dous anos nos que o dúo foi macerando as súas cancións en barrica de carballo, ao fin podemos meterlle o dente ao seu primeiro LP, gravado -como non podía ser doutro xeito- por Santi García. Unha colección de cancións -case- enteiramente instrumentais que farán que Tony Lommi (Black Sabbath) acariñe ao seu gato xunto ao lume cun sorriso de satisfacción nos beizos, cabeceando con parsimonia ao ritmo da música. O seu LP de debut é un imaxinativo e atmosférico tour de force compositivo que materializa perfectamente todas as virtudes do dúo: o uso de patróns estilísticos certamente recoñecibles coa fin de renovalos e poder proxectar a personalidade do grupo. Riffacos de doomsludge en cancións traballadas e executadas sen misericordia, nas que Iván e Edu deixan patente a súa compenetración, acelerando e levantando o pé do acelerador con mestría. Lume e destrución para rexenerarse.

 

000