Howe Gelb

Mércores 3 agosto

Biografía

Catalogado como un dos padriños do country alternativo nos 80 e 90, Howe Gelb ten todas as bazas para se converter nun auténtico mito. Afincado en Tucson (Arizona), durante a súa incansable e prolífica carreira ten compartido escenario e estudo con grandes como Raimundo Amador, Steve Wynn, Evan Dando, Steve Shelley (de Sonic Youth), Will Oldham, Neko Case, M. Ward ou Isobel Campbell. A súa traxectoria corre paralela a ese conxunto norteamericano mítico coñecido como Gigant Sand, onde Gelb ten colaborado con músicos superlativos como o malogrado Rainer Ptacek, Chris Cacavas (Green On Red) ou John Convertino e Joey Burns (que despois formarían Calexico), e que ten contado ademais con convidados do talle de PJ Harvey, Juliana Hatfield ou Vic Chesnuttcon. Con Gigant Sand, o veterano de Arizona lanzou cerca de trinta discos, mentres que, en solitario, os seus álbums publicados -entre eles, o seu último traballo, The Coincidentalist (2013)- superan xa a vintena. Non contento con isto, Gelb ten impulsado ademais outros proxectos de conxunto, coma OP8, a superbanda The Band of Blacky Ranchette e Arizona Amp and Alternator. Este verán, o carismático cabaleiro do sur dos Estados Unidos fará gala do seu fenomenal rock de raíces americanas no Festival Noroeste.

 

000