Igloo

Xoves 4 agosto

Biografía

Máis dunha década dando guerra sobre os escenarios acreditan a carreira desde banda galega de gran pegada, que percorreu grande parte das salas e festivais musicais deste país. Igloo ven de publicar o seu quinto traballo discográfico, no cal contou coas colaboracións especiais de Neuman, David Kano (Cycle) ou David Van Bylen (Stereotypo). Estandartes da escena independente estatal, con máis de 200 concertos en xira ao seu lombo, compartiron escenario con bandas de primeiro nivel coma Franz Ferdinand, Nada Surf, Los Planetas, Travis, etc. Entre os premios que recibiron destacan UFI, outorgado por Radio 3, Maketon 40 Principales ao mellor directo e Gira San Miguel con Franz Ferdinand en MySpace, onde foron escollidos entre máis de 1.500 bandas.

 

000