Fripp & Kitte

Xoves 4 agosto

Biografía

Fripp & Kitte é unha banda coruñesa que nace da colaboración entre dous músicos solistas que mesturan os seus estilos e voces para dar lugar a sons crepusculares do oeste americano e melodías que van desde o soul ata o folk. A banda comezou a súa andadura hai dous anos, sendo finalista en 2014 e 2015 do certame Xuventude Crea, da Xunta de Galicia, no que tamén obtivo o segundo premio este último ano. No Festival Noroeste Estrella Galicia 2016, Fripp & Kitte fará gala sobre as táboas do blues, country, soul e rock que tanto lle inspiran.

 

000