Jas Processor

Domingo 7 agosto

Biografía

Con máis de 15 anos de carreira ao seu lombo, Jas Processor é un investigador e un cazador de tendencias musicais contemporáneas e do pasado. Incansable coleccionista, DJ, técnico de son e historiador da música de baile e da figura do disc jockey, é ademais locutor e técnico de radio en programas musicais especializados. O seu gran potencial e atractivo reside na súa capacidade para “procesar” o son e as cancións de forma creativa e en directo, empregando as técnicas do Dube da remezcla coma unha linguaxe propia na interacción co público e cos outros artistas. Considerado como un dos dj’s máis versátiles e, sen dúbida interesantes da escena galega, Jas Processor colaborou en proxectos como República Disco Apocalipso, Souldiggers e Soundkilla Crew. Tamén destacan as súas participacións en citas culturais como Os atardeceres no Gaias, o Festival Curtocircuito, o Festival S8, o Carballo Interply, o Foundation Reggae Festival, Vibra Balboa ou Reperkusión, ademais das súas actuacións en clubs como Le Club, o 14!, Patachim, La Huelga, Jarana club ou o Puticlú. No Festival Noroeste mostrará unha vez máis esa capacidade para nunca deixar indiferente ao público, facéndolle vibrar e bailar grazas a ese estilo dinámico e vitalista que tanto lle caracteriza.

 

000