Julián Maeso

Xoves 4 agosto

Biografía

A improvisación e a independencia son o aceno da casa deste músico toledano. Desta maneira, Julián Maeso sempre soubo rodearse dos compañeiros adecuados para sacar adiante todos os seus proxectos. Tras unha colaboración, en 2002, chegou aos Sunday Drivers para quedarse, ao mesmo tempo que practicaba no seu tempo libre a súa predilección polo organista estadounidense Jimmy Smith, con quen compartía instrumento e gustos musicais. Tras a disolución da banda manchega, Maeso pasou por unha crise vital que incluso fixo que pensase en deixar a música. Sen embargo, o resultado foi todo o contrario: un disco de debut en solitario, Dreams Are Gone (2014), brillante e intimista. Desde entón, non para de colaborar con bandas como Speaklow, The Black birds, The Sweet Vandsou Aurora &The Betrayers; e de participar como músico en xiras de artistas como M-Clan e Quique González. O seu último disco, One Way Ticket to Saturn (2014), supuxo un xiro cara o funk, o country e o rock, deixando a un lado o blues melancólico da súa ópera prima. Cun novo traballo xa en camiño, este multi-instrumentista e compositor sabe mergullarse como ninguén do noso país na música de raíz americana.

 

000