Lady Leño

Xoves 4 agosto

Biografía

Os inicios de Lady Leño remóntanse catro anos atrás ou, como a eles mesmos lles gusta dicir,“a un frío e húmido outono coruñés de 2012”. Un nome singular nacido da súa filia cara á Log Lady (‘mujer del leño’), a personaxe creada por David Lynch para a mítica serie de ficción Twin Peaks. No estrictamente musical, Lady Leño móvense entre post punk e o noise, deixando claras as reminiscencias dos sons oitenteiros e noventeiros. O seu primeiro disco foi un traballo homónimo autoeditado en 2015 tras unha exitosa campaña de mecenazgo entre os seus fieis e seguidores. Curtidos en numerosos festivais e salas de concertos, o seu directo, segundo contan, o definen “as tres uves: vísceras, valentía e verdade”, e se alguén non atopa ningún elemento que lle sacuda por dentro -para ben ou para mal- comprométense a devolverlle os cartos. No apartado das letras, “un instrumento máis”, Bea Argüelles (voz e baixo), toma as rendas pretendendo inducir ao espectador á súa particular Viaje al fin de la noche. O resto da banda a compoñen: Iago Golpe (guitarras), Sekone (sintes) e Javier Pico (batería). Todos están decididos a que 2016 sexa o ano do leño.

 

000