Linda Guilala

Domingo 7 agosto

Biografía

Apaixonados incondicionais do cinema xaponés de ciencia ficción dos 60 e 70, Iván e Eva sempre quixeron que o espazo, os ovnis e os universos paralelos servisen de inspiración para trazar os seus novos camiños cando a súa banda orixinal, Juniper Moon, se separou en 2005. E así xurdiu o nome desta nova aventura musical, Guilala -“Girara” en xaponés-, unha especie de paxaro xigante con tres antenas chegado desde Marte no filme de culto The X from Outer Space (1967). Os fans deste novo proxecto eléctrico e enérxico, onde se fan evidentes as influencias de grupos shoegazing coma Ride, My Bloody Valentine ou The Jesus & Mary Chain, foron subindo como a espuma até que, en 2009, Linda Guilala edita o seu primeiro disco, Bucles infinitos, a golpe de sons cósmicos e guitarras ruidosas. En 2011 publica o seu EP Paranormal, no que se intúen influencias cinematográficas de xénero fantástico e de terror e, xa en 2014, lanza Xeristar. Moi pronto, en xuño de 2016, verá a luz o seu segundo álbum, unha viaxe de novo sónica, emocional e alucinóxena, titulado Psiconáutica. Sobre o escenario do Festival Noroeste demostrarán como a súa música se mantén fiel ao seu estilo punk, o seu espírito pop e a súa predilección polo ruído e a distorsión.

 

000