Los Árboles

Mércores 3 agosto

Biografía

A casualidade -e un bo puñado de xugosas cancións- provocaron o nacemento de Los Árboles a finais do ano 2010. Por entón, Alexandro González (guitarra, piano e voz) facía tempo que se encontraba traballando no seu propio material. A serendipia fixo que ata el chegaran as primeiras maquetas de Alberto Barreiro (baixo e coros), e que ambos unisen esforzos e se lanzaran conxuntamente á piscina co proxecto. Continuaron a estela Marcelo Pedredo (guitarra), Martín González (sinte e coros) e Octavio Barreiro (batería), substituído actualmente por Alberto Dopico. A mediados de 2011 gravaron o seu primeiro traballo, un EP con seis cancións autoproducidas coas que afondaron na procura dun son persoal. Unha vez logrado o obxectivo, decidiron dar un paso adiante e gravar un segundo traballo, Los días que quedan son nuestros (2013), ao que inxectaron maiores doses de enerxía. Co primeiro single, Un gran hijo de puta, gañaron o premio ao Mejor Videoclip no Festival de Cans, conseguindo chamar a atención do produtor Javier Limón. Tras máis de dous anos paseándose por diferentes escenarios da xeografía nacional, a nova entrega do grupo galego chegará antes de que acabe 2016.

 

000