Los Plutones

Domingo 7 agosto

Biografía

Unha divertida e enxeñosa proposta musical de base rockeira para gozar en familia. Tal é a aposta deste xenuíno trío de orixe coruñesa, integrado polos músicos Félix Arias (guitarra e voz), Samuel Pérez (batería) e Alberto Villarroya (baixo e voz). O desexo de Los Plutones é o de descubrirlle ao público infantil a música dos grandes clásicos do rock internacional, mentres os maiores gozan revivindo esas cancións míticas que marcaron tantas e tantas xeracións. Ao tocaren, Los Plutones narran ademais historias que serven como fío condutor para presentar cada un dos seus temas. Con elas, o grupo logra que os espectadores interactúen con el e se convertan en auténticos protagonistas do espectáculo. Está claro que o seu é redescubrir ante todos os públicos as mellores pistas da historia do rock como nunca antes nolas presentaran.

 

000