Maud The Moth

Xoves 4 agosto

Biografía

Partindo en 2010 como o proxecto en solitario da autora madrileña Amaya López-Carromero, Maud The Moth evolucionou a través de varias formacións. Co piano como elemento estrutural en torno ao cal crecen as capas e as texturas vocais, o proxecto presentouse en ocasións como jazz trío ou dúo multi-instrumental, evolucionando como o organismo cambiante que é. Maud The Moth ten as súas raíces nun rico e amplo trasfondo musical, e mantén en todo momento unha actitude crúa e intimista. As cancións enfócanse cara o lado máis emocional e conceptual da expresión, exhibindo unha riqueza estética que contén elementos tanto de música clásica, como do metal, avantgarde, jazz ou soul, cuxas estruturas progresan constituíndo pequenos contos musicais. Tras o lanzamento do seu primeiro disco Home Futile Home en 2001 (Nooirax Prod, Noma Recs, Excellent Recs), Maud The Moth realizou varias xiras por España, Portugal, Francia e Reino Unido, onde reside actualmente.

 

000