Melange

Xoves 4 agosto

Biografía

A difícil tarefa de definir o universo sonoro de Melange quizais sexa a súa maior virtude. Un reto a priori intelectomusical que deriva, en cambio, nun acto de pura atracción e gozo. Congregados ao redor dunha ampla variedade de proxectos pasados da escena máis underground, esta banda de recente aparición nacida en Madrid conta con Daniel Fernández (Magic Bus, Los Imposibles, Lüger) ao baixo, sitar e voz; Miguel Rosón (Bucles, Novak) á guitarra e á voz; Adrián Ceballos (RIP KC, Mohama Saz, Los Cuantos) á batería, e Mario Zamora (Reserva Espiritual de Occidente, Cachalote, Tus Hijas, Lüger) aos teclados. O seu primeiro traballo é un disco homónimo –con edición limitada en vinilo de 500 copias- que terminaron de gravar a finais do ano pasado; e xa neste 2016 está en boca de todos como unha das grandes sorpresas da temporada. A psicodelia, a tradición folk, o rock progresivo e os ecos daqueles primeiros grupos que introduciron a mestura deses ritmos no noso país (como os segundos Brincos de Fernando Arbex e o seu Mundo, demonio y carne -1970-) planean sen pudor sobre as súas cabezas. O desafío do seu directo reside en deixarse levar pola viaxe lisérxica.

 

000