Niña Coyote eta Chico Tornado

Xoves 4 agosto

Biografía

Sonidos stoner e rock duro serven como carta de presentación deste tándem de orixe vasca que no mes de agosto fará tremer cos seus contundentes e escuros acordes os cimentos do Festival Noroeste coruñés. Ursula Strong (batería) e Koldo Soret (guitarra, oitavador e voz) presentaron en 2013 o seu primeiro álbum, Niña Coyote eta Chico Tornado, co que non deixaron de xirar polos escenarios de toda España, Europa e, mesmo, Estados Unidos. Entre as súas influencias musicais cítanse formacións coma Kyuss, Fumanchu, Black Sabbath ou Rage Against The Machine. Tralo seu álbum debut, a banda de Donostia publicou en 2015 o EP Lainoland e moi pronto sairá á rúa o seu terceiro traballo, Eate, do que aínda se descoñece a data de lanzamento. Mondo Sonoro dixo sobre eles que “é sobre todo en directo onde o dúo demostrou ser unha proposta sólida e contundente”. O público do Noroeste poderá comprobar en vivo o ben que lle senta a esta parella de músicos tanto os seus temas propios como as versións de pistas tan míticas como Gimme Danger, de Iggy Pop & The Stooges.

 

000