Ocean Colour Scene

Venres 5 agosto

Biografía

Cando o disco Marchin’ Already (1997) desbancou a Be Here Now, de Oasis, do número un, os membros de Ocean Colour Scene recibiron un misterioso paquete que dicía: “Para a segunda mellor banda de Gran Bretaña”. Lonxe de tomarllo como un insulto, asumírono como un cumprido dicindo: “É un honor ser descritos como a segunda mellor banda de Gran Bretaña por diante de Oasis pero detrás dos Beatles”. Desde entón pasaron case 20 anos e en 2016 Ocean Colour Scene están de celebración. A banda británica conmemora o 20º aniversario do lanzamento do seu mítico Moseley Shoals, álbum de referencia no britpop dos 90. Nos seus 23 anos de existencia, o grupo publicou nove álbums, tres dos cales -os citados Moseley Shoals (1996) e Marchin’ Already (1997), ademais de One From The Modern (1999)- alcanzaron os cinco primeiros postos dos discos máis vendidos no Reino Unido, conseguindo tamén unha notable repercusión no resto do mundo. Formados en Birminghan a comezos dos 90 por Steve Cradock Simon Fowler, Oscar Harrison e Damon Minchella, a banda sufriu en 2003 a marcha de Minchella. Na actualidade o seu posto ocúpao Raymond Meade e continúan ofrecendo directos tan apabullantes coma os que lles deron a coñecer.

 

000