Ocre

Mércores 3 agosto

Biografía

Beats e bits. Reverb e código aberto. Así se sintentiza Ocre, proxecto musical de Edu Poch, informático e tamén compoñente dos grupos Nouvelle Cuisine e Elvis Negro. Unha metade de Ocre é música. Torpe (EP Discos de Kirlian, 2014) é o seu debut discográfico, formado por seis temas de electro-kraut-pop con claras influencias de Family, Kraftwerk e Serge Gainsbourg. Pop electrónico con persoal alento poético e grandes textos de Xoansinho Daviña e o propio Edu Poch. A outra metade de Ocre é código, distintos experimentos audiovisuais nos que a aleatoriedade xerada por ordenador é o centro conceptual. Na súa páxina www.creoqueocre.es, Edu suscita ao usuario un xogo coa aleatoriedade e as posibilidades tecnolóxicas da web, permitíndolle así xerar portadas e videoclips diferentes e únicos. Ademais, todo o código desenvolvido é aberto e pode ser consultado, descargado e modificado sen ningunha limitación. Entre os seus proxectos encóntrase lanzar o seu segundo EP que, segundo o propio músico, “sairá á luz un día calquera de 2016” e chamarase Vago. Ou non. O que é seguro é que será un dos protagonistas do Noroeste Estrella Galicia, ao que sumirá nun transo con reminiscencias á indietrónica, melodías xoguetonas e unhas letras que falan da nostalxia e de que un tempo pasado foi mellor.

 

000