Os Amigos dos Músicos

Domingo 7 agosto

Biografía

Os Amigos dos Músicos son galegos do sur. Un grupo de amigos que se xunta para facer cancións e tamén para cantar o que se lles poña por diante: cantigas de amigo, alalás de Xurxo Souto ou poemas de Carvalho Calero. Todo mesturado con algo de electricidade e un pouquiño de tradición. Como dixo alguén unha vez, tan aliens coma gaiteiros de Nashville. A banda muda continuamente os seus directos e é difícil que repitan un mesmo concerto dúas veces. Concertos nos que todos os músicos cantan e comparten protagonismo para facer camiñar unhas cancións tamén creadas entre todos. O ano pasado lanzaron un sinxelo con dúas cancións que preparaba o camiño para o que será o seu primeiro disco, gravado nos estudios A Ponte con Tomás Ageitos e que sairá no outono de 2016 baixo edición de Gran Derby Records. Entre as cancións do disco estará a súa versión de Aí vén o maio, o poema de Curros Enríquez que popularizou Luís Emilio Batallán en forma de canción.

 

000