Pablo Seijas

Domingo 7 agosto

Biografía

O líder da banda coruñesa Misterioso Viaje a Holanda, xunto á cal lle puxo letra e voz aos discos Nunca Taxi (2010) e MVH (2014) e ao single Cocina y Jardín (2011), iniciou en 2013 -en paralelo ao seu traballo co grupo- unha prometedora carreira en solitario co lanzamento dun primeiro álbum autoeditado, Para brillar. Pablo Seijas é un dos máximos expoñentes da escena independente coruñesa dos últimos tempos. As súas composicións en solitario, íntimas e introspectivas, perderon parte daquel compoñente electrónico e alternativo do que fai gala a súa formación pop. Nesta nova etapa, Seijas déixase levar pola reflexión e a psicoloxía, para afrontar unha viaxe interior de talante folk-pop no que resoan ecos de Bob Dylan, Paul McCartney e os Beatles. No Noroeste presentarase en formato acústico disposto a compartir co público a súa vea máis intimista grazas a cancións como Yo, Me da igual ou Yo lo digo así.

 

000