Presumido

Mércores 3 agosto

Biografía

Presumido é un proxecto de “synth pop 2.0” integrado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte, cuxa proposta é chegar a esos territorios musicais nos que, ao seu xuizo, “o pop en castelán na súa vertente máis electrónica xamais se meteu”. Para iso fixáronse no estilo dos clásicos do xénero -Depeche Mode- e o empaparon das referencias máis contemporáneas, como M83, Moderat ou Daft Punk, sen esquecer o toque dos artistas electrónicos máis experimentais, como Björk, Apparat, Aphex Twin ou Telefon Tel Aviv. Unha apetecible simbiose que busca facer gozar aos máis arriscados e faltos de prexuizos, así como sacudir a mente e o corpo dos máis atrasados. Ademais da súa proposta musical, o dúo ofrece un espectáculo total de luces e proxeccións, elaborado de forma artesanal, que converte cada actuación nunha experiencia audiovisual completa e extática. Tanto Tarci Ávila como Nacho Dafonte fan gala da súa veteranía sobre os escenarios ao acumular máis de mil concertos ofrecidos en distintos países. Desde setembro de 2016 o seu primeiro disco, Vendetta, estará na rúa, acompañado tamén dunha xira de presentación por varios países europeos durante o mes de outubro.

 

000