Proyecto Kournikova

Martes 2 agosto

Biografía

Desde que en 2009 Rubén Moinelo (voz, guitarra e letras) puxese en marcha unha banda con nome de afamada tenista, Proxecto Kournikova non deixou de acumular vitorias. Ese mesmo ano gravaron o seu primeiro EP, Elite musical, logrando unha nominación a Mellor Grupo Revelación nos premios Primus da súa cidade, A Coruña. En 2010 obtiveron o premio á Mellor Banda Local no XII Concurso de Maquetas de Cuac FM, sendo tamén finalistas no concurso Nordes 40 Principales, e gañado o Premio Mans Futuro Pop-Rock. Iso abriulles as portas á gravación do seu disco de presentación: Así suena mejor. Durante 2011 e 2012 compartiron escenario con bandas como L.A., Idealipsticks, Carlos Chaouen ou La sonrisa de Julia, entre outros, ademais de formar parte da primeira edición do Festival de la Luz xunto a artistas como Luz Casal, Rosendo ou Dover. Tras unha intensa actividade de catro anos, en 2013 o grupo decidiu parar de forma indefinida para retomar a súa carreira en 2015 con novos compoñentes: Adrián Latorre (guitarra), Gonzalo Etcheverría (batería) e Emi Fernández (baixo). No que levamos de 2016 gravaron dous novos singles, Vestida de rock e Como un disparo, anticipo do que será o seu próximo traballo.

 

000