Reminders

Martes 2 agosto

Biografía

Reminders é un dúo galego que compón e interpreta as súas propias cancións co seu particular xeito de ver o mundo. Trátase dun proxecto xurdido entre dúas amigas como resposta á pouca representación pola zona da música que realmente lles gusta. Simon and Garfunkel, The Kooks, Jack and Eliza, The Beatles, Hinds ou Amy Winehouse son algunhas das influencias do seu estilo, entre o pop e o garaje, e que está en continuo avance malia a súa curta traxectoria. Dos locais de ensaio da Coruña chegan agora ao Noroeste Estrella Galicia para demostrar que aínda teñen moito que dicir.

 

000