Robert Pier

Martes 2 agosto

Biografía

Desde temprana idade, o coruñés Robert Pier comeza a súa andadura musical compoñendo os seus primeiros temas en bandas de pop, rock e reggae. A súa curiosidade pola diversidade de estilos e polas músicas de raíz achéganlle á guitarra flamenca e ao jazz manouche, estilos polos que sinte unha grande predilección e que acaban sendo, xunto coa rumba, as súas grandes influencias á hora de abordar as súas composicións. Foi o fundador de Robert y los Muchachicha e de Robert Pier Trío, banda coa que edita Es lo que siento, soy lo que soy. Nela o acompañan Manu Clavijo ao violín e Carlos Argibay á percusión. En 2015 grava nos Estudios Bonham o seu álbum Podemos ser radiantes, producido por José Manuel Martínez Bonham, Fran Castro e o propio Robert, e no que conta con Pablo Añón ao saxo, Manu Clavijo ao violín e os coros, Fabbio Alonso ao baixo eléctrico, Fran Castro ao piano, os teclados e os coros, Carlos Argibay ás percusións e Miguel Lamas á batería. O concerto de presentación do disco tivo lugar na Sala Garufa Club da Coruña, para despois lanzarse á carreteira de xira por toda a Península.

 

000