Senectud Sideral

Xoves 4 agosto

Biografía

Senectud Sideral xorde en 2011 na Coruña cando Álex, Alberto e Álvaro, tres amigos que gozaban pasando tardes enteiras tocando e compoñendo, viron actuar a Javier Pernas, o seu actual cantante no Festival Intercentros. Compartía con eles o gusto por grupos como Oasis, The Beatles ou Pink Floyd, ademais de encaixar perfectamente nas poucas cancións que tiñan compostas ata a data, polo que se uniu ao grupo. En 2012 participaron no concurso Rec Curta resultando gañadores do premio á mellor banda por Noite de festa con a canción Berlín. O seu estilo pop rock indie, que sempre busca sorprender e experimentar, cultívase nos Locais de Ensaio da Coruña e, malia a súa mocidade, contan con experiencia sobre os escenarios, con varios festivais ás súas costas, como o Coruña Sonora, o San Xoán Pequeniño e concertos en diversos locais de Galicia. No Festival Noroeste Estrella Galicia terán a oportunidade de continuar traballando na súa carreira.

 

000