Sex Museum

Mércores 3 agosto

Biografía

Máis de tres décadas no lado salvaxe. Máis de media vida entregados ao rock. Sex Museum é, sen dúbida, unha das bandas imprescindibles da historia musical madrileña e española. Cando corría o ano 1985, sendo aínda menores de idade, daban os seus primeiros pasos entregados a un son garaxeiro e cru como contrapunto salvaxe da Nova Onda madrileña que por entón mandaba na capital. Se algo ten caracterizado a Sex Museum é a súa gana de tocar en directo e de vivir a súa aventura musical e vital como unha road movie. No seu haber cóntanse 13 discos, ducias de xiras por Europa, miles de concertos, 10 vídeos, dous elepés en directo, outro compartido e 11 singles, ademais de teren participado noutro bo montón de recompilacións e de teren posto a súa música a bandas sonoras, sintonías ou cabeceiras de series. Xurdidos do underground malasañeiro, Sex Museum soubo evolucionar e sobrevivir desde os 80 até os nosos días dentro da escena independente española cun estilo artístico persoal e único, a cabalo entre o garaxe e o hard-rock máis psicodélico. E fixérono apoiándose nos seus directos, lanzándose á estrada e facendo da música unha filosofía e unha auténtica forma de vida. Xunto ao núcleo duro formado por Marta Ruiz e os irmáns Miguel e Fernando Pardo, a banda actual de Sex Museum complétana o batería Roberto Lozano “Loza” e o baixista Javi Vacas. Eles danlle forma a toda unha institución musical que este verán recalará co seu potente directo no Festival Noroeste.

 

000