Strikeback

Mércores 3 agosto

Biografía

Coñecidos desde 2011 na escena metalera coruñesa, Strikeback xuntáronse coa idea de tocar e gozar en directo do puro thrash metal. Na procura de compañeiros afíns, Rafa (só de guitarra) atopouse con Pili (baixo), Sebas (batería) e Aleks (guitarra rítmica, quen máis tarde foi reemprazado por Flo), incorporándose ademais tras uns meses Liber ás voces. Completa a formación, o quinteto rexistra pouco despois nos Estudos Treboada o que supoñería a súa primeira maqueta. Seguidamente lánzanse á estrada onde durante un ano e medio non deixan de dar concertos e participar en diversos festivais por toda a península. Xa en 2014 deciden meterse en estudo de novo e gravar o seu primeiro disco: Share Your Hate, financiado a través dunha campaña de micromecenazgo que consegue os seus obxectivos en só un mes. Share Your Hate é encomiado pola prensa especializada resultando “un disco de puro thrash metal yankee dos noventa pasado polos filtros actuais pero sen perder un ápice de garra e mala leite dos bos tempos. Nada de mesturas modernillas nin metalcore ou death”. Na actualidade preparan un novo traballo que verá a luz a finais de 2016.

 

000