Tachenko

Martes 2 agosto

Biografía

Dicir que Tachenko, despois de máis de dez anos de carreira e cinco álbums editados (ademáis dalgúns EPs) atópase no seu mellor momento, e que o seu sexto álbum, El comportamiento privado (Limbo Starr, 2015) é o máis brillante atendendo á calidade das súas cancións e a súa producción, é moito dicir. Sobre todo tendo en conta a súa exitosa discografía. A súa filosofía resúmese na frase: “Sempre á busca da canción perfecta”. Un propósito que lles mide cos grandes do xénero e que logrou converter a Sergio Vinadé e a Sebas Puente nunha parella compositiva sen parangón na actualidade musical nacional, grazas a títulos como Amable, El golf, Hacia el huracán, Escapatoria ou Dame una pista, por citar tan só un tema por álbum. Obras imperecederas capaces de crear un sentido propio no oínte y transportalo a momentos reais ou imaxinarios. A súa constante actividade no circuíto de salas e festivais converteunos en todo un referente e a súa música, parafraseando ao filósofo do fútbol, é un “estado de ánimo” que fai do mundo un lugar máis confortable e da vida un camiño máis levadeiro para os seus fans.

 

000