Vozzyow

Martes 2 agosto

Biografía

Comparados con bandas como Jesus Lizard, Fugazi ou Melvins, os compostelanos Vozzyow contan nas súas filas con experimentados músicos malia non posuír demasiadas primaveras ás súas costas. Fiz (batería), Charly (guitarra) e Julian (baixo) acreditan unha longa carreira musical tras de si (Vicky POLARD, Jay, comidas deliciosas, Rama…) e desde finais de 2014 levan practicando en formato trío o seu post punk como filosofía de vida. En menos de dous anos gañáronse o recoñecemento de nomes nacionais como Betunizer (con quen compartiron escenario en varias ocasións) ou Vice. Ademais, tras demostrar a súa valía na improvisación e na capacidade técnica, o grupo Metamovida acudiu a eles para acompañarlles a finais de 2015. Aínda que Vozzyow comezaron a súa traxectoria polo camiño da autoedición, o ano pasado Discos Porno / Nostalgia Records fichoulles para a publicación do seu EP Petroglifos de Mogor.

 

000