
Carlos Dorian traerá o luxo sonoro aos oídos de aqueles que asistan á súa pinchada o mércores 9 de agosto no Ummagumma. Unha selección da mellor psicodelia editada en 7” das últimas das últimas décadas en todos os seus estilos e en todo o mundo. Menú gourmet.
Wolf People – ‘Cotton Strands’
A combinación entre rock progresivo e folk destes británicos é tan elegante e innovadora que ao meu gusto convérteos na mellor banda da última década.
Los Tones – ‘Witch Hazel’
O Garage psych de esta banda de Sydney ten tanta enerxía que é imposible que non che faga bailar.
Allah-Las – ‘Tell me What’s on your Mind’
Esta banda de Los Angeles é toda unha referencia en canto á nova psicodelia pop californiana. Neste momento están de xira por España presentando o seu último LP Calico Review, non chos perdas!
Fogbound – ‘Purple Wax’
Esta banda da Coruña non deixa de sorprendernos gravando co selo John Colby Sect unha xoia tras outra. O seu recentemente editado LP é o meu candidato a disco do ano, con aromas británicos de popsike e freakbeat de finais dos 60 e ProtoHeavy dos primeiros 70.
Circulus ‘My body is made of Sunlight’
Unha das apostas máis orixinais do acid-folk británico é a de estos londinenses que fusionan a Purcell, John Renbourn ou a Incredible String Band a base de Moogs e instrumentos do renacemento.
Bronco Bullfrog – ‘Clarifoil’
Este veterano trío británico cas súas elegantes melodías de power pop non poden deixar de soar. Un clásico
The Karovas Milshake – ‘Factory’
Si, en Rusia tamén se fai psicodelia de altísima calidade. Proximamente estarán de xira por España e despois das estupendas críticas do seu paso polo Festival Gambeat de Barcelona, non hai que perderlos en directo.
Vibravoid – ‘Alphawave’
Estos alemanes coa súa mestura de Space rock e kraut son un fixo nas miñas sesións.
The Oscillation – ‘Waste the Day’
Desde Londres chégannos os sons desta prometedora banda influenciada polo shoegaze, o kraut e a música electrónica primitiva.
Ty Segall – ‘Feel’
Este polifacético músico californiano, con todos os seus proxectos e colaboracións (Fuzz, Sic Alps, White Fence, Wand..) revolucionou a escena mundial da neo psicodelia, abrindo novos camiños a explorar no Garage o LoFi e o HeavyPsych.