O 33º Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará do 6 ao 11 de agosto na Coruña, anuncia máis de 30 novas bandas e artistas nun cartel que se moverá ao ritmo do mellor blues, hardcore, folk, R&B, soul, rock, garage, surf, punk, psicodelia, indie pop, noise e, mesmo, copla electrónica ou música brasileira. The Last Internationale, Anni B Sweet, Emma Pollock, Los Hermanos Cubero, Paul Collins, Morgane Ji, The Wellgreen, TT Syndicate, Toundra, Seda, Escuchando   Elefantes, Blanco Palamera, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, Los Árboles e Chiquita y Chatarra, entre moitas outras, súmanse a un programa atractivo e   ecléctico con máis de 80 actuacións gratuítas en espazos singulares ao aire libre, onde xa destacaban nomes como os de Patti Smith and Band, Belako,   Nathy Peluso, Joe Crepúsculo, Mastodonte, Los Punsetes, La URSS ou Soleá Morente e no que se rexistran un 50% de grupos galegos e un 45% de presenza feminina. Pola súa banda, a promotora musical HFMN Crew comunicou esta mañá a cancelación do concerto de Jello Biafra & The Guantamano School of Medicine previsto dentro do marco do Festival Noroeste Estrella Galicia este 2019 debido a problemas de saúde da banda.

O 33º Noroeste Estrella Galicia celebrarase do 6 ao 11 de agosto de 2019, coa mesma filosofía urbana, ecléctica e de calidade dos seus últimos catro anos. Na súa pasada edición, o festival rexistrou preto de 90.000 asistentes. Este ano repetirá as súas máis de 150 horas de música ao vivo sobre escenarios singulares de toda a cidade para consolidarse de novo como unha cita única e de referencia do verán peninsular.

No cartel do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia están xa confirmadas máis de 70 bandas e artistas para este 2019: Andhrea & the Black Cats, Anni B Sweet, Baiuca, Bart Davenport, Basanta, Belako, Blanco Palamera, Chiquita y Chatarra, Chisme, Contenedor de Mierda, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, DJ Inclusivo, Dois, Dr. Spectro, ELBA, Electra, Elvis Negro, Emma Pollock, Escuchando Elefantes, Faia, Hailu Mergia, Hickeys, Holly Miranda, Holywater, Indy Tumbita & The Voodoo Bandits, Jenny and the Mexicats, Joe Crepúsculo, La URSS, Ladrillo y Mujer, Las Antonias, Los Árboles, Los Estanques, Los Hermanos Cubero, Los Punsetes, Los Vinagres, Los Voluble, Lucifer, Mac N’ Rones, Mastodonte, Morgane Ji, Morgen, Mundo Prestigio, Músculo!, Nathy Peluso, Night Shades, Ñaco Goñi + Marian Ledesma & Tinaquero Brothers, Os Amigos dos Músicos, Pablo Lesuit, Pardo, Patti Smith and Band, Paul Collins, Ruiseñora, Santi Araújo, Seda, Silvia Penide, Soleá Morente, Superser, Teething, The Last Internationale, The Sey Sisters, The Wellgreen, Toundra, TT Syndicate, Turbo Kraks, Turma Caipira, Volcanes, Vudú e Zu.

Proximamente daranse a coñecer os últimos detalles do cartel, entre os que se atoparán os gañadores do Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM, cuxo fallo se emitirá ao longo do mes de xullo, e o esperado cabeza de cartel do sábado 10 de agosto na Praia de Riazor. Así mesmo, a próxima semana sairán á venda as entradas para os dous concertos do Ciclo Selección Noroeste 2019 no Teatro Colón, a cargo do mestre da canción Paco Ibáñez e do virtuoso músico de jazz e fado portugués Júlio Resende.