CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 13.00 horas
  • Rúa Capitán Troncoso
SOCIAL

 

BIOGRAFÍA

Gañadores do VI concurso de la Societat de Blues de Barcelona, Andhrea & the Black Cats leva percorrendo Galicia e parte da península desde 2012. Do Festival de Blues de Benicassim (2016) ao Sweet Cotton Festival (2018), gozaron dos seus directos cargados de proximidade e unha atmósfera colmada de complicidade, harmonía e ritmo. O repertorio desta banda compostelana supón un repaso pola historia do blues e a música de raíz, unha viaxe na que se traslada ao público a outra época a través das historias narradas no seu momento polos autores máis clásicos e cuxo trasfondo, na maioría dos casos, segue a ter presenza hoxe en día.

Agora preséntannos a súa nova formación, coa incorporación da tuba, dotando os seus directos dun carácter que recorda á vella Nueva Orleans, sen abandonar o seu particular “blues viejuno”.

Fotografía: Ada Seoane