CANDO?
  • Sábado 10 de agosto
  • 17.00 horas
  • Parque do Paseo das Pontes
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

A cantautora malagueña Anni B Sweet debuta no panorama independente estatal co disco Start, Restart, Undo (2009), un traballo cristalino e delicado que a levará a xirar por toda Europa, Asia e América. Galardoada co premio Guille á Mellor Artista Pop en 2010, a súa carreira non fixo máis ca despegar.

En 2012 publica Oh! Monsters, un disco máis escuro e eléctrico co que deu un salto arriscado a nivel compositivo e de son. No seu terceiro álbum, Chasing Ilusions (2015), imprime unha luminosidade ás novas cancións, que se moven entre o soul dos sesenta, o rock dos setenta e a new wave dos oitenta. Precisamente en 2015 foi a artista independente española máis escoitada en Spotify.

Neste 2019, Anni B Sweet lanzou Universo por estrenar, o seu cuarto traballo de estudio e primeiro composto integramente por temas en español. As doce cancións do disco foron gravadas en Londres e producidas por James Bagshaw (líder e produtor de Temples). Anni B Sweet móstranos agora un pop perfecto de estribillos contaxiosos con toques de electrónica futurista e psicodelia. En cancións como Buen viaje, a artista transmítenos dozura, alegría, frescura e luz.