CANDO?
  • Mércores 7 de agosto
  • 21.15 horas
  • Fundación Luis Seoane
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

O folclore máis salvaxe e tribal chegará ao Noroeste Estrella Galicia este mes de agosto con  Baiuca. Tras a publicación de Solpor (Raso Estudo, 2018), o debut que situou ao artista como unha das propostas máis vangardistas e transversais do circuíto, conectando a raíz da música galega coa electrónica contemporánea máis innovadora, este 2019 chegou Misturas (Raso Estudo, 2019), un  EP no que Baiuca levou a unha nova dimensión as pistas de gravación orixinais do debut de Xosé Lois Romero & Aliboria. Neste novo traballo, o músico consegue mesturar universos e recompoñer o repertorio desde outra mirada e desde outra xenética á hora de construír as cancións. Mantense a racialidade salvaxe de Aliboria, pero, á súa vez, leva a un novo territorio, no que se coquetea non só coa electrónica, senón con outros ritmos orientais e ibéricos e con estruturas pop adictivas e inmediatas.

Con Misturas,  Baiuca mantén a súa esencia, pero preséntase, se cabe, moito máis moderno e avanzado e logra dar un paso adiante nun momento especialmente doce para o artista e produtor catoirés, que confirmou a súa presenza en festivais de renome como o Noroeste Estrella Galicia, o Bilbao BBK Live, o Warm Up, O Son do Camiño e un larguísimo etcétera.