CANDO?
  • Domingo 11 de agosto
  • 16.30 horas
  • Parque do Paseo das Pontes
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Mod, cantante de blues ou trobador softrock. Bart Davenport é un guitarrista e cantante excéntrico coa voz atemporal dun auténtico crooner. Vive e escribe cancións en Los Ángeles. O seu traballo transpórtanos indistintamente a un pasado ou a un futuro imaxinario que, curiosamente, podería ser tanto da década dos 80 como dos 60. As súas historias teñen lugar nun mundo de fantasía, pero transmiten verdades persoais e universais.

Nacido en Oakland,  California, as súas raíces beben das escenas do blues e o garage dos anos 90. Tras liderar a banda The Loved Ones, en 2002 lanzou o seu primeiro traballo en solitario, Bart Davenport, un caramelo de pop indie cheo de tambores, órganos e harmonías vocais. Pronto lle seguiron novos traballos: Game Preserve (2003) e Maroon Cocoom (2005). En 2007, lanza o álbum The  Day I Turned to Glass co seu proxecto paralelo Honeycut e, xa en 2008, publica o seu cuarto disco en solitario, Palaces, celebrado polo público e a crítica. En 2010 e 2011, Davenport presenta tres novos discos (Searching For Bart Davenport, With All Due Respect e Comedians) e realiza xiras en Europa e América a golpe de sons suaves e sofisticados. Con  Someone2Dance e Cheap Words, o seu traballo ábrese a un novo universo, a golpe de  sintetizadores que lembran á nova onda dos 80. Physical World ve a luz en 2014 e Blue Motel en 2018, cun ambiente máis escuro e cinematográfico, acompañado pola súa banda The Bedazzled, xunto á baixista Jessica Espeleta, o guitarrista Wayne Faler e o baterista Andrés  Rentería.