CANDO?
  • Martes 6 de agosto
  • 20.30 horas
  • Praza das Bárbaras
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Un solsticio de verán, os integrantes de Basanta gozaron dun atardecer máxico. Brindaron con viño, cantaron cancións pop esquecidas e bailaron coas fadas. Tal foi a experiencia e a revelación daquel día que decidiron montar unha banda que dese voz á natureza. Basanta transpórtanos coa súa música a un imaxinario rico en  mellotróns, afinacións abertas, fuzzs setenteiros e harmonías brillantes. Os seus membros (Sol, Azufre, Sal, Tierra e La Santa) forman algo máis que un grupo, son unha tribo que se expresa a través de melodías que atopan o seu lugar nun equilibrio perfecto entre a luz e a escuridade. Cheas de trazos coloridos, forman un marco cromestésico para unhas letras que nos guían nun singular ritual que se repite en cada concerto. Os cinco músicos que forman Basanta, ocultos tras unhas  intrigantes máscaras, van dando forma a un  lisérxico universo do que é difícil saír. Este verán, a  troupe presentará no Noroeste Estrela Galicia o seu álbum Colorama.