CANDO?
  • Sábado 10 de agosto
  • 22.00 horas
  • Praia de Riazor
SOCIAL

      

BIOGRAFÍA

Habituais de festivais tan imprescindibles como o BBK Live, o Primavera Sound, o FIB, o SOS 4.8, o LOW Festival, o Dcode, Jazzlandia ou MadLive, os sons retro-futuristas tan característicos de Belako non son fieis a ningún estilo musical, pero neles percíbense cruces de sons crus do punk-rock con ambientes cálidos da electrónica sinfónica. En directo, son pura frescura, enerxía e motivación.

Gañadores de premios e distincións como o mellor grupo ou artista revelación segundo a revista Rolling Stone, o Premio Ojo Crítico de RNE ou o galardón ao Mellor Directo nos Premios de la Música Independiente, a troupe vasca, actualmente integrada por Josu  Billelabeitia (guitarra, teclados, baixo, voz), Cris Lizarraga (voz, teclados), Lander Zalakain (batería, voz) e Lore Billelabeitia (baixo, teclados, voz), inicia a súa andaina no ano 2011. En 2012 logran o primeiro posto no concurso de maquetas organizado por Eitb Gaztea Maketa Lehiaketa, fito que lles leva a actuar no BBK Live. En marzo de 2013 publican o seu primeiro disco longo, Eurie, co que viran por todo o país e actúan como teloneiros de artistas da talla de Elvis Costello, Crystal Fighters ou Shout Out Louds. En 2013 son elixidos Talento Fnac e, en 2014, publican os Ep’s Bele beltzak baino ez e Aaaa!!!! da man do seu propio selo discográfico: Belako Records. En xaneiro de 2016 ve a luz un novo traballo, Hamen, co que dan o salto ao estranxeiro. O seu último traballo, Render me numb, trivial violence, saiu ao mercado en setembro de 2017.