CANDO?
  • Venres 9 de agosto
  • 13.30 horas
  • Bulevar do Papagaio
SOCIAL

     

BIOGRAFÍA

Manuel Blanco (guitarra e voz) e Xoán Domínguez (batería e coros) son as dúas metades de Blanco Palamera, un grupo de Santiago de Compostela residente en Madrid. Estes mozos de 21 anos debutan na música neste 2019 con Promesas, un disco con dez temas que se moven entre o pop, a bossa nova e o funk ao tempo que se presta para imaxinar xéneros para unha nova xeración como o jazz-pop, o chill pop ou indieelectrónica millenial.

O dúo compostelano aborda a súa proposta con delicadeza e, tralas texturas sintéticas, atopamos cancións cálidas e ben estruturadas que nos somerxen nun acolledor universo de pop lo-fi. No ano da súa estrea, a actuación de Blanco Palamera é unha das que se poden deixar escapar no Noroeste 2019.