CANDO?
  • Venres 9 de agosto
  • 14.15 horas
  • Rúa Capitán Troncoso
SOCIAL

  

BIOGRAFÍA

As asturianas Patricia Álvarez e Amelia Díaz forman Chiquita y Chatarra en 2006, despois de coincidir noutra formación. Tras o seu traballo de debut homónimo, Chiquita y chatarra (2008), chega Animal de amor (2011), onde consolidaron o seu son e combinaron a voz máis desgarradora de Amelia con outras liñas máis melódicas.

Despois de Niagara fallers (2013), en 2018 regresaron con Ojos de Miranda, segundo elas, o seu mellor traballo. O dúo conseguiu forxar un son propio dentro do rock sucio, o punk e o garaxe.