CANDO?
  • Martes 6 de agosto
  • 20.00 horas
  • Fundación Luis Seoane
SOCIAL

    

BIOGRAFÍA

Chisme é o novo alter ego do ourensán Fernando Epelde, quen foi membro de Modulok, Spam e Raposo. Epelde tamén é compositor de bandas sonoras e forma parte do proxecto PROPP.

Este novo proxecto de electrónica xa conta con tres referencias. En CHISME#1 (2017) mesturou sons desde o grime ata o hip-hop. Xa con ALCÀSSER 92 (2017) construíu unha obra experimental extraendo samplers do mundo sonoro do telelixo e a memoria auditiva da España de 1992. O seu disco máis recente é Médium (2019), publicado por El Raso Estudio, selo responsable de atrevidos lanzamentos do panorama nacional como os de Baiuca. Neste traballo, onde se afasta do hip-hop para achegarse ao cyberpop, busca dar significado ao impacto de diversas personalidades da cultura de masas.

Chisme aposta por unha posta en escea moi visual que se converte, nas súas propias palabras, “nunha galería macabra da súa propia memoria”. Será unha das actuacións máis inquietantes e arriscadas do Noroeste 2019.