CANDO?
  • Xoves 8 de agosto
  • 20.25 horas
  • Campo da Leña
SOCIAL

  

BIOGRAFÍA

Sara á batería, Pepe ao baixo e Anxos á guitarra son Contenedor de mierda. Puro punk feito en Galicia, con temas curtos que son pequenas bombas que fan estoupar cabezas coas súas letras directas e incisivas.

En 2016 lanzaron o seu primeiro EP homónimo, Contenedor de mierda. Con Ponte de Pijo (2018), lanzan un recadiño os “pijos” de Pontevedra e á cultura trash dos noventa en xeral. Chegan ao Noroeste con cancións cheas de sarcasmo, xogos de palabras e politicamente incorrectas.

Fotografía: Ada Seoane