CANDO?
  • Venres 9 de agosto
  • 14.30 horas
  • Praza José Sellier Loup
SOCIAL

      

BIOGRAFÍA

Crimson and Clover é unha banda nova de hard rock que atopa as súas influencias na década dos 70. Bebe de grupos como Led Zepellin, Fleetwood Mac ou The Beatles, ademais da vertente máis española do xénero daquela época, como Triana. O seu gran propósito, a partir de composicións propias en castelán e inglés, é achegar ás novas xeracións a cultura olvidada do rock no seu estado máis puro. Co seu exitoso debut sobre os escenarios, Crimson and Clover converteuse na banda gañadora do concurso organizado polo Festival Solidario Coruña En Directo este 2019. A gran froza vocal da frontwoman deste novo grupo coruñés será un dos grandes reclamos da súa presenza neste 33º Festival Noroeste Estrella Galicia.