CANDO?
  • Domingo 11 de agosto
  • 19.15 horas
  • Parque do Paseo das Pontes
SOCIAL

   

BIOGRAFÍA

Baixo o esperpéntico e surrealista nome de Derby Motoreta’s Burrito Kachimba atopamos seis músicos sevillanos que destilan puro rock.

O seu ADN ten dous grandes compoñentes: kinki do rock andaluz e psicodelia, que bebe de bandas como King Gizzard and The Lizard Wizard ou Pond. Desta suma nace o termo “kinkidelia”, baixo o que presentan o seu disco homónimo Derby Motoreta’s Burrito Kachimba (2019).

A fusión de tradición andaluza e son psicodélico é aditiva e así o demostrarán no Noroeste 2019.