CANDO?
  • Domingo 11 de agosto
  • Varios horarios
  • Parque do Paseo das Pontes
SOCIAL

BIOGRAFÍA

O proxecto DJ Inclusivo parte da proposta da Asociación Cultural Negus dentro do programa de Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa. Dous experimentados DJ’s da escea galega coordinan esta iniciativa na que participan persoas con discapacidade intelectual, física, en risco de exclusión social e colectivos de inmigrantes, a quen lles ensinan, en diferentes talleres, nocións musicais e técnicas de DJ para mostrar as súas propias sesións en público.

DJ Inclusivo é unha maneira de poñer en valor a música como canle de comunicación entre as persoas e unha ferramenta para derrubar prexuízos. Así o faremos de novo no Festival Noroeste.